Normas festas de aniversario
É necesario que accedan co grupo dous adultos responsables, sendo imprescindible que polo
menos un pai/nai acompañe ao grupo e ao monitor durante toda a actividade.
O máximo número de participantes é de 25 nenos/as, salvo a actividade de Escape Room “Salvar o planeta” que é dun máximo de 16 participantes. Non se admiten maior numero de nenos que o establecidos nos ratios indicados.
O mínimo numero de participantes é de 15 nenos/as. Poden asistir menor número pero o pago se realizará para o mínimo indicado.
A festa da merenda terá unha duración dunha hora e non contará con monitorado.
Si se utiliza son ou música debe de estar a un volume baixo.
Para realizar a merenda existen tres locais ou estancias a elixir que se deberán deixar recollidas e limpas (cafetería, merendeiro cuberto e merendeiro exterior).
A merenda non está incluída no prezo e será a cargo dos adultos responsables do aniversario.
A merenda e a sala se poderá preparar 30 minutos antes do inicio do aniversario e a limpeza do local correrá a cargo dos responsables do aniversario.
No caso de climatoloxía adversa, as actividades adaptaranse a tal circunstancia. No caso do Escape room “Salvar o planeta” este substitúese polo escape room “Cambio Climático”.
Ao rematar o aniversario, a recollida dos/as participantes será no despacho de billetes na entrada do parque, de forma que non está permitido que ningún pai/nai/titor acceda ás instalacións do parque a realizar a recollida.
Se recomenda que os participantes sexan de idades similares para unha correcta dinámica da actividade.
Non se permite acceder ao parque con balóns, pelotas nin xogos similares.
