Visitas escolares
Segundo Programa Curricular VigoNature 2025-2026
Este ano en VigoNature presentamos o noso segundo programa de visitas escolares coincidindo co novo ano escolar. Igual ca pasada edición, vos propoñemos unha variada oferta temática adaptada aos diferentes niveis educativos é currículum escolar.
Segundo Programa Curricular VigoNature 2025-2026
Este ano en VigoNature presentamos o noso segundo programa de vistas escolares coincidindo co novo ano escolar. Igual ca pasada edición, vos propoñemos unha variada oferta temática adaptada aos diferentes niveis educativos é currículum escolar.
A estratexia educativa de VigoNature ten como principal obxectivo, ofrecer ás mestras e mestres actividades adaptadas a cada curso e a cada nivel educativo que sexan un apoio e unha ferramenta para o desenvolvemento do currículum escolar.
Neste novo programa, os centros escolares, poderán programar unha ou varias visitas ao longo do ano, nas cales se traballará en cada unha delas, accións educativas curriculares diferentes.
Esta oferta de actividades incrementarase periódicamente, de forma que a medida que avance o ano a oferta será maior e máis variada, actualizándose detalladamente a información nesta páxina web.
Este programa contempla dos bloques diferenciados de accións educativas, de diferente duración, contidos e temática:
Actividades ordinarias e Aulas en VigoNature.
Onde se desenvolven?
Nas instalacións de VigoNature.
En qué consisten?
Son a opción máis básica para as visitas escolares, onde os mestres poden optar por diferentes temáticas relacionadas co currículum escolar.
Duración
Teñen unha duración de dúas horas de mañá, con horarios de inicio ás 10:00 horas na primeira quenda e ás 12:00 horas na segunda.
Onde se desenvolven?
Nas instalacións de VigoNature.
En qué consisten?
Deseñada para unha xornada escolar completa, son o resultado dunha combinación de 3 actividades ordinarias.
Duración
Ten unha duración de seis horas, con horarios de inicio ás 10:00 horas e remate ás 16:00 horas.
Comida e merenda
A comida e merendas non están inlcuidas, e os participantes deberán traelas. O parque facilitará unha zona onde deixar a comida e as mochilas e un lugar para o xantar.
Onde se desenvolven?
Desenvolvidas no Espazo Natural de Interese Local Vao e Baluarte, en Canido, Vigo (Pontevedra).
En qué consisten?
Consiste nunha visita guiada a este espazo natural costeiro do noso litoral, no cal os/as alumnos/as participarán nunha charlas interactivas que dan a coñecer os procesos de formación de dunas, a súa dinámica, a vexetación asociada, a vexetación alóctona e o seu impacto, e a fauna asociada á duna coma a da propia praia, dende as especies de artrópodos e invertebrados de pequeno tamaño ata aves máis coñecidas e relevantes que precisan humidais sans e ben conservados. Inclúe visitas guiadas, observación con prismáticos, a simple vista e con lupas de mans e pequenos obradoiros de identificación de especies autóctonas, invasoras, xeoloxía, e contaminación.
Duración
Ten unha duración de catro horas, e 10:00 horas e remate ás 14:00 horas.
Onde se desenvolven?
Nas instalacións de VigoNature.
En qué consisten?
Deseñada para unha xornada escolar completa de fin de curso, sendo o ocio e tempo libre a base de todas as actividades deste bloque.
Duración
Ten unha duración de seis horas, con horarios de inicio ás 10:00 horas e remate ás 16:00 horas.
Comida e merenda
A comida e merendas non están incluidas, e os participantes deberán traelas. O parque facilitará unha zona onde deixar a comida e as mochilas e un lugar para o xantar.
Visita VigoNature cos teus alumnos
Non perdas a oportunidade de que o alumnado disfrute de novas actividades mentres que aprende nun ambiente natural e diferente.