Aula no ecosistema dunar da praia do Vao

Calendario

Estarán operativas dende setembro e 2025 ata o 15 de maio de 2026.

Inscrición

A inscrición poderá realizarse desde setembro de 2025 ata o 30 de abril de 2026.

Niveis educativos

Apta para 5º e 6º Educación Primaria e 1º, 2º e 3º ESO

Detalle das actividades

  • Desenvolvidas no Espazo Natural de Interese Local Vao e Baluarte, en Canido, Vigo (Pontevedra)
  • Para un máximo de 50 alumnos.
  • Actividade especial adicada aos areais de O Vao e Baluarte, que son un referente nos procesos de recuperación ambiental dos sistemas dunares degradados.
  • Consiste nunha visita guiada a este espazo natural costeiro do noso litoral, no cal os/as alumnos/as participarán nunha charlas interactivas que dan a coñecer os procesos de formación de dunas, a súa dinámica, a vexetación asociada, a vexetación alóctona e o seu impacto, e a fauna asociada á duna coma a da propia praia, dende as especies de artrópodos e invertebrados de pequeno tamaño ata aves máis coñecidas e relevantes que precisan humidais sans e ben conservados.
  • Inclúe visitas guiadas, observación con prismáticos, a simple vista e con lupas de mans e pequenos obradoiros de identificación de especies autóctonas, invasoras, xeoloxía, e contaminación.
  • Ten unha duración de catro horas, de 10:00 a 14:00 horas.
  • O grupo deberá desprazarse polos seus medios á praia do Vao e poderá permanecer na zona libremente unha vez rematada a actividade.

Programación dunha Aula no ecosistema do Vao

Horario Actividades
10:00 horas a 10:15 horas
Presentación e normas
10:15 horas a 11:00 horas
Introdución audiovisual
11:00 horas a 12:00 horas
Visita guiada
12:00 horas a 12:15 horas
Descanso
12:15 horas a 13:00 horas
Xogo
13:00 horas a 13:30 horas
Obradoiro
13:30 horas a 14:00 horas
Debate e avaliación
14:00 horas
Remate e despedida

Coñece o resto dos nosos bloques