O segredo dunha semente
21 marzo I 16:00 - 17:00

Taller no que se descubrirá o proceso máxico de funcionamento dunha semente: como esperta, ábrese e desenvólvese ata formar unha preciosa planta, e que coidados precisa para elo. Cada participante elaborará o seu propio experimento para levar á casa, escollendo unha semente de tempada e iniciando así o seu propio proceso de cultivo.
Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.
