Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Jumping con arcilla polimérica

13 septiembre I 11:00 - 13:00
20€
Jumping con arcilla polimérica

 

Todos os sábados de setembro, de 11:00 a 13:00 horas, convidámoste a participar en Jumping, unha nova actividade de divulgación ambiental especialmente pensada para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Prezo: 20€ os catro sábados.

Jumping é moito máis ca unha manualidade: é unha experiencia educativa e sensorial onde os participantes explorarán o mundo natural creando animais coas súas propias mans a partir dunha arxila polimérica especial, moi lixeira, elástica e doada de modelar. Este material foi escollido pola súa versatilidade, seguridade e beneficios pedagóxicos.

Durante a actividade, os nenos e nenas modelarán diferentes seres vivos como a esquío, o polbo, o caracol, o faisán ou o koala, mentres aprenden curiosidades sobre os seus hábitats, comportamentos e funcións na natureza. Cada figura será unha porta de entrada para coñecer mellor o noso planeta.

Ademais, Jumping está deseñada para favorecer o desenvolvemento das habilidades motoras finasa creatividadea paciencia e a concentración, fomentando tamén o traballo autónomo e o pracer pola aprendizaxe activa a través do xogo.

A actividade terá lugar nun entorno natural, preparado para fomentar a expresión artística e o contacto coa biodiversidade. Non é preciso ter experiencia previa, só ganas de pasalo ben e deixar voar a imaxinación.

Unha proposta diferente para gozar do sábado en familia, rodeados de natureza e creatividade!

Detalles

Fecha:
13 septiembre
Hora:
11:00 - 13:00
Precio:
20€

Local

VigoNature

Organizador

VigoNature
Teléfono
986 26 77 83
Correo electrónico
taquilla.vigonature@vigo.org