Festas de aniversario

Qué son?

As festas de aniversario en VigoNature son moito máis que un día de xogo: son experiencias únicas onde os nenos e nenas aprenden sobre a natureza mentres se divirten. Durante dúas horas, participarán en actividades guiadas por monitores especializados, deseñadas para despertar a curiosidade e o respecto polo medio ambiente a través do xogo, a exploración e a ciencia divertida.

 

Despois, os grupos dispoñen dunha hora adicional para celebrar a merenda nos espazos habilitados, baixo a supervisión das familias ou persoas adultas responsables. Así, combinamos educación, lecer e celebración nun entorno natural e inesquecible.

De 3 a 5 anos

A Pequena Feira

De 15 a 25 participantes

Un aniversario cheo de cor, movemento e sorrisos. Unha pequena feira infantil con xogos de puntería, equilibrio, música e baile, pensada para que as crianzas máis pequenas gocen do xogo ao seu ritmo nun entorno seguro e divertido.

De 6 a 7 anos

Os Xogos de Sempre

De 15 a 25 participantes

Un aniversario para correr, rir e xogar como antes. A través dos xogos tradicionais galegos, as crianzas participan en actividades en grupo e estacións de xogo que combinan movemento, cooperación e moita diversión ao aire libre.

De 8 a 9 anos

A Gran Aventura do Rastrexo

De 15 a 25 participantes

Un aniversario para nenos e nenas que non paran quedos. Aventuras, pistas e retos nun xogo de orientación polo parque onde aprenderán a usar o compás, seguir balizas e superar probas nunha auténtica experiencia de exploración na natureza.

A partir de 10 anos

Escape Room

De 15 a 16 participantes

Prepárate para un aniversario único e emocionante! Este evento temático está deseñado para
mergullar aos participantes nunha misión divertida e educativa, co obxectivo de salvar o futuro do noso
planeta.

De 3 a 5 anos

A Pequena Feira

De 15 a 25 participantes

Un aniversario cheo de cor, movemento e sorrisos. Xogos de feira, música e diversión pensados para as primeiras idades. Converte o teu aniversario nunha pequena feira infantil chea de xogos e movemento. As crianzas rotan por distintas estacións inspiradas nas quermeses tradicionais: xogos de puntería con dianas e lanzamentos, canastas e porterías, xogos de equilibrio, pesca de patitos, percorridos motores, xogos musicais e baile. A celebración complétase cun espazo máis tranquilo, pensado para actividades creativas, xogos de mesa e momentos de descanso entre estacións, sempre acompañadas polo monitorado.

Os Sons do Bosque

De 15 a 25 participantes

Un aniversario para escoitar o bosque. Contos, sons, natureza e xogo tranquilo nunha experiencia sensorial pensada para que as crianzas máis pequenas descubran o parque a través da escoita e da imaxinación.

De 6 a 7 anos

Os Xogos de Sempre

De 15 a 25 participantes

Xogos de sempre, diversión de hoxe. Un aniversario para correr, rir e descubrir os xogos tradicionais galegos. Propomos un aniversario baseado nos xogos populares galegos. A celebración combina xogos en gran grupo e estacións de xogo onde as crianzas participan en actividades como a carreira de sacos, o pano, a pita cega, os birlos, os zancos ou a petanca. Unha proposta dinámica e participativa que mestura movemento, cooperación e diversión.

Os Segredos da Horta

De 15 a 25 participantes

Un aniversario para descubrir a horta coas mans na terra. Xogos, plantas, froitas e pequenos habitantes da horta nunha experiencia ao aire libre pensada para explorar, tocar e aprender xogando.

De 8 a 9 anos

A Gran Aventura do Rastrexo

De 15 a 25 participantes

Un aniversario para nenos e nenas que non paran quedos. Aventuras, pistas, retos e moita natureza para celebrar un día especial ao aire libre. Propomos un aniversario activo no que as crianzas participan nunha pequena aventura de orientación polo parque. Aprenden a usar o compás e os prismáticos, resolven un xogo de rastrexo con balizas e superan distintos retos en estacións de xogo: construción de refuxios, equilibrio, tiro con arco, nos ou xogos de observación. Todo nun formato dinámico, cooperativo e adaptado á súa idade.

O Laboratorio Natural

De 15 a 25 participantes

Convértete en científico ou científica por un día e experimenta coa natureza. Xogos, probas sorprendentes e observacións curiosas nun laboratorio ao aire libre onde descubrir fenómenos naturais dun xeito divertido e participativo.

A partir de 10 anos

Escape Room

De 15 a 16 participantes

Prepárate para un aniversario único e emocionante! Este evento temático está deseñado para
mergullar aos participantes nunha misión divertida e educativa, co obxectivo de salvar o futuro do noso
planeta.

Os Sons do Bosque

De 15 a 25 participantes

Un aniversario para escoitar o bosque. Contos, sons, natureza e xogo tranquilo nunha experiencia sensorial pensada para que as crianzas máis pequenas descubran o parque a través da escoita e da imaxinación.

Os Segredos da Horta

De 15 a 25 participantes

Un aniversario para descubrir a horta coas mans na terra. Xogos, plantas, froitas e pequenos habitantes da horta nunha experiencia ao aire libre pensada para explorar, tocar e aprender xogando.

O Laboratorio Natural

De 15 a 25 participantes

Convértete en científico ou científica por un día e experimenta coa natureza. Xogos, probas sorprendentes e observacións curiosas nun laboratorio ao aire libre onde descubrir fenómenos naturais dun xeito divertido e participativo.

Canto custa?

O custo por neno/a é de 3,35 €, e inclúe a participación na actividade divulgativa, o acceso ao parque e o uso do espazo para a merenda.

Cada aniversario inclúe a entrada gratuíta para dúas persoas adultas responsables.

 

Os demais adultos acompañantes deberán abonar a entrada xeral de adulto. Estes adultos non poderán participar nas actividades guiadas cos monitores, pero si poderán acompañar durante a merenda e gozar dunha visita ao parque pola súa conta.

Datas e Horarios

  • Os meses de xuño, xullo e agosto de 17:00 a 20:00 horas de luns a sábado.
  • Os meses de setembro a maio (excepto os meses de peche do parque) de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas únicamente os sábados.
  • Agás festivos, as actividades de aniversario se realizarán os sábados durante todo o ano e de luns a venres unicamente os meses de xuño a agosto.
  • Prégase puntualidade por parte dos asistentes. Se a actividade se atrasara por falla de puntualidade dos participantes a hora de finalización non se modificará.

Queres vir celebrar o teu aniversario con nós?

Nome da persoa responsable
Protección de datos