Aula en Vigonature

Calendario

Estarán operativas dende setembro e 2025 ata o 15 de maio de 2026.

Inscrición

A inscrición poderá realizarse desde setembro de 2025 ata o 30 de abril de 2026.

Niveis educativos

Actividades aptas para todos os niveis educativos, infantil, primaria e secundaria, en función da opción seleccionada.

Detalle das actividades

  • Desenvolvida nas instalacións de VigoNature.
  • Esta actividade está deseñada para unha xornada escolar completa, e son o resultado dunha combinación de 3 actividades ordinarias.
  • Os docentes, salvo os grupos de educación infantil, poderán facer unha combinación de 3 actividades ordinarias.
  • No caso de educación infantil, de momento, a programación está pechada con 3 actividades fixas.
  • A medida que avance o ano escolar a oferta de actividades será maior e máis variada para todos os niveis educativos, actualizándose detalladamente a información nesta páxina web.
  • O departamento de educación, unha vez formalizada a reserva, fará chegar aos docentes a programación definitiva da actividade.
  • As Aulas en VigoNature teñen unha duración de seis horas, de 10:00 a 16:00 horas.
  • A comida e merendas non están incluídas, e os participantes deberán traelas ás instalacións.
  • O parque facilitará unha zona onde deixar a comida e as mochilas e un lugar para o xantar.

Programación dunha Aula en VigoNature
para alumnos de infantil

Horario Actividades para infantil (25 alumnos)
10:00 horas a 10:30 horas
Recepción
10:30 horas a 12:00 horas
Descubrindo a natureza exterior
12:00 horas a 12:30 horas
Descanso
12:30 horas a 13:15 horas
Descubrindo a natureza interior
13:15 horas a 14:00 horas
Planetario
14:00 horas a 15:00 horas
Almorzo
15:00 horas a 16:00 horas
Os animais do exotarium (*)
16:00 horas
Remate e despedida

(*) Actividade exclusivamente en horario de tarde.

Programación dunha Aula en VigoNature
para alumnos de primaria ou secundaria

Horario Actividades para infantil (25 alumnos)
10:00 horas a 10:30 horas
Recepción
10:30 horas a 12:00 horas
Actividade ordinaria 1
12:00 horas a 12:30 horas
Descanso
12:30 horas a 14:00 horas
Actividade ordinaria 2
14:00 horas a 15:00 horas
Almorzo
15:00 horas a 16:00 horas
Opción 1: Os animais do exotarium * / Opción 2: planetario * [A elixir unha das dúas opcións]
16:00 horas
Remate e despedida

(*) Actividade exclusivamente en horario de tarde.

Coñece o resto dos nosos bloques