Enriquecemento ambiental suricatas

Destacado

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.

Hotel insectos

Destacado

Obradoiro no que se coñecerán insectos que favorecen a biodiversidade e posibilitan a polinización e control dalgunhas pragas, colaborando na construción dun “hotel de insectos” para que se instalen na horta. Idade recomendada: a partir de 4 anos.  Duración: 1 hora.

A Horta, un micromundo cheo de vida

Destacado

A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.

Planetario

Destacado

Nesta proxección do noso renovado planetario poderás viaxar polo ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano. Idade recomendada: a partir de 7 anos.  Duración: 1 hora.