Destacado

Horta chea de sorpresas

A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.

Destacado

Enriquecemento ambiental suricatas

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.

Destacado

O idioma das aves

Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables. A partir de 6 anos. Duración: 1 hora.  

Destacado

Enseños na horta

Para que funcione a horta é preciso dispor de distintos aparellos que podemos mercar ou nós mesmos elaborar, como por exemplo, regadeiras, papaventos, espantatoupas, etc. Idade recomendada: 4 anos Duración: 1 hora

Destacado

O sistema solar

A actividade do sistema solar, consiste nunha pequena viaxe audiovisual virtual polo sistema solar a bordo do noso pequeno planetario portátil. Observaremos e visitaremos algúns dos planetas máis relevantes, asteroides, cometas, etc. Conformando unha aventura espacial para toda a familia.   Idade recomenada: a partir de 7 anos Duración: 1 hora

Destacado

O ovo e a galiña

Que foi primeiro, o ovo ou a galiña? Participa neste xogo de mesa en familia onde investigaremos a orixe das galiñas facendo unha viaxe ao Xurásico, onde atoparemos ao antepasado da Galiña de Mos, e observaremos a súa evolución ata o presente. Idade recomendada: 6 anos. Duración: 1 hora.