Jumping con arcilla polimérica

Destacado
VigoNature

  Todos os sábados de setembro, de 11:00 a 13:00 horas, convidámoste a participar en Jumping, unha nova actividade de divulgación ambiental especialmente pensada para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Prezo: 20€ os catro sábados. Jumping é moito máis ca unha manualidade: é unha experiencia educativa e sensorial onde os participantes explorarán o mundo natural creando animais coas […]

20€

Camuflaxe animal

Destacado

Asiste a este obradoiro con animais vivos onde poderás coñecer as diferentes estratexias de clamufaxe que empregan as distintas especies para sobrevivir. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Arborismo

Destacado

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 16.30h a 18.30h

Coñecendo o noso sol

Destacado

Poderás achegarte a observar ao sol, ese gran descoñecido, directamente a través dun telescopio e construir o teu propio reloxio sol. (*) En caso de mal tempo meteorolóxico esta actividade será substituída por "o ceo nocturno". Idade recomendada: 7 anos

Horta chea de sorpresas

Destacado

A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.

Biodetectives na horta

Destacado

Obradoiro no que faremos de detectives e coa nosa lupa electrónica localizaremos diferentes animaliños para identificalos e indagar cal é o seu cometido dentro da horta, así como curiosidades dos mesmos cando se poñen en acción.

Exoplanetas

Destacado

Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. Aventúrate con nós no misterio da orixe da vida e a súa busca ao longo do universo e poderás crear o teu propio exoplaneta! Idade recomendada […]