Destacado

Jumping con arcilla polimérica

VigoNature

  Todos os sábados de setembro, de 11:00 a 13:00 horas, convidámoste a participar en Jumping, unha nova actividade de divulgación ambiental especialmente pensada para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Prezo: 20€ os catro sábados. Jumping é moito máis ca unha manualidade: é unha experiencia educativa e sensorial onde os participantes explorarán o mundo natural creando animais coas […]

20€
Destacado

O mundo dos réptiles

Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.

Destacado

Arborismo

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 16.30h a 18.30h

Destacado

Os nosos ceos

Nesta proxección poderás viaxar o ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano Idade recomendada: 7 anos   Duración: 1h

Destacado

Xogando a “quen é quen?” na horta

Hoxe imos xogar a descubrir os diferentes cultivos e plantiñas que temos na horta. Algunhas poden resultarnos moi coñecidas porque comemos as súas follas tal e como as recollemos, como pode ser o caso da leituga, pero.... atreveríaste a adiviñar cal é a planta da berenxena se non ten froito? E a planta do cucamelon?.... […]

Destacado

O sistema solar

A actividade do sistema solar, consiste nunha pequena viaxe audiovisual virtual polo sistema solar a bordo do noso pequeno planetario portátil. Observaremos e visitaremos algúns dos planetas máis relevantes, asteroides, cometas, etc. Conformando unha aventura espacial para toda a familia.   Idade recomenada: a partir de 7 anos Duración: 1 hora

Destacado

Vida Baixo Terra

Neste obradoiro descubriremos que nos atopamos se escavamos debaixo de onde pisamos, que bichos son os máis habituais e algúns particulares que se atopan en Vigonature. Algúns vense a simple vista e outro precisaremos microscopio. Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1h.