Destacado

Jumping con arcilla polimérica

VigoNature

  Todos os sábados de setembro, de 11:00 a 13:00 horas, convidámoste a participar en Jumping, unha nova actividade de divulgación ambiental especialmente pensada para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Prezo: 20€ os catro sábados. Jumping é moito máis ca unha manualidade: é unha experiencia educativa e sensorial onde os participantes explorarán o mundo natural creando animais coas […]

20€
Destacado

O mundo dos artrópodos

Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Destacado

Arborismo

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 16.30h a 18.30h

Destacado

Coñecendo o noso sol

Poderás achegarte a observar ao sol, ese gran descoñecido, directamente a través dun telescopio e construir o teu propio reloxio sol. (*) En caso de mal tempo meteorolóxico esta actividade será substituída por "o ceo nocturno". Idade recomendada: 7 anos

Destacado

Xogando coas sementes na horta

Este é un momento ideal para recoller sementes dalgunhas plantas, ese regalo que nos ofrecen as plantas da horta para gardar de cara a tempada seguinte e, tamén, para poder comer. Ademais, toca sementar algúns cultivos e tamén faremos un xogo onde as sementes sexan as protagonistas. Idade recomendada: 4 anos. Duración: 1 hora.

Destacado

Biodetectives na horta

Obradoiro no que faremos de detectives e coa nosa lupa electrónica localizaremos diferentes animaliños para identificalos e indagar cal é o seu cometido dentro da horta, así como curiosidades dos mesmos cando se poñen en acción.

Destacado

A cara oculta da lúa

Descubrirás que é a Luna, desentrañaremos os misterios do seu nacemento e formación, os seus movementos e o porqué das eclipses. Finalmente responderemos a unha pregunta moi interesante: Afecta a Lúa á Terra ou non? Idade recomendada: a partir de 7 anos. Duración: 1 hora.