Destacado

O mundo dos réptiles

Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.

Destacado

Arborismo

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h

Destacado

Especies exóticas invasoras

Esta actividade pretende dar a coñecer o concepto de especie exótica e especie exótica invasora, explicando que son, como son introducidas no territorio, do seu proceso de invasión do territorio e parándonos especialmente en explicar o impacto e os problemas que provocan no medio natural e métodos para combater contra estas e a prevención contra […]

Destacado

O idioma das aves

Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables. A partir de 6 anos. Duración: 1 hora.  

Destacado

Exoplanetas

Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. Aventúrate con nós no misterio da orixe da vida e a súa busca ao longo do universo e poderás crear o teu propio exoplaneta! Idade recomendada […]

Destacado

Noites astronómicas

As fins de semana de verán, o ceo estrelado de Vigo convértese no protagonista nas Noites Astronómicas de VigoNature. Desde a terraza superior do edificio principal, os participantes poderán gozar dunha experiencia educativa e lúdica observando o firmamento. Datas, horarios e prezo 📅 Datas e horarios: Xuño (ás 22:00 h): 14, 21 e 28 Xullo (ás […]

€6