Horta chea de sorpresas

Destacado

A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.

Biodiversidade oculta, biodiversidade agochada

Destacado

Neste obradoiro tentaremos descubrir algunhas das numerosas criaturas que viven entre nós sen decatarnos. Son organismos moi numerosos, os temos moi preto e desenvolven importantes funcións ecolóxicas das que depende a nosa supervivencia e benestar, pero apenas os recoñecemos e non temos nin idea de cómo viven. Idade recomendada: a patir de 4 anos.