Destacado

Escape room familiar

“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]

Destacado

Enriquecemento lemures

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Destacado

O ceo nocturno

Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía. Idade recomendada: a partir de 7 anos.  Duración: 1 hora.

Destacado

O ciclo da auga

Aprenderemos como se forman a choiva e as nubes, a través do ciclo da auga. Traballaremos coma verdadeiros científicos, e crearemos nosas propias nubes e pingas de choiva, e coñeceremos a importancia da auga para os seres vivos. Idade recomendada: a partir de 6 anos.  Duración:  1 hora