Información importante sobre as inscricións
-As actividades están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.es con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
Obradoiro de pan

Un obradoiro tradicional onde aprenderás o proceso de elaboración do pan dende cero ata o produto acabado. Moeremos o gran, mesturaremos os ingredientes e daremos forma á masa para comprender como se facía o pan antigamente. Unha actividade práctica que che introduce na cultura gastronómica e nas tradicións rurais.
Máximo 5 familias; cada adulto 6€, nenos de balde.
Idade recomendada: 6 anos
