Información importante sobre as inscricións

-As actividades están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.es con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Jumping con arcilla polimérica

25 abril I 11:00 - 13:00
20€
Jumping con arcilla polimérica

Todos os sábados de abril, de 11:00 a 13:00 horas, convidámoste a participar en Jumping, unha nova actividade de divulgación ambiental especialmente pensada para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.

Máximo 15 prazas; Prezo por neno: 20€ os tres sábados.

Jumping é moito máis ca unha manualidade: é unha experiencia educativa e sensorial onde os participantes explorarán o mundo natural creando animais coas súas propias mans a partir dunha arxila polimérica especial, moi lixeira, elástica e doada de modelar. Este material foi escollido pola súa versatilidade, seguridade e beneficios pedagóxicos.

Durante a actividade, os nenos e nenas modelarán diferentes seres vivos como a esquío, o polbo, o caracol, o faisán ou o koala, mentres aprenden curiosidades sobre os seus hábitats, comportamentos e funcións na natureza. Cada figura será unha porta de entrada para coñecer mellor o noso planeta.

Ademais, Jumping está deseñada para favorecer o desenvolvemento das habilidades motoras finasa creatividadea paciencia e a concentración, fomentando tamén o traballo autónomo e o pracer pola aprendizaxe activa a través do xogo.

A actividade terá lugar nun entorno natural, preparado para fomentar a expresión artística e o contacto coa biodiversidade. Non é preciso ter experiencia previa, só ganas de pasalo ben e deixar voar a imaxinación.

Unha proposta diferente para gozar do sábado en familia, rodeados de natureza e creatividade!

Detalles

  • Fecha: 25 abril
  • Hora:
    11:00 - 13:00
  • Precio: 20€

Recinto

  • VigoNature

Organizador

  • VigoNature
  • Teléfono 986 26 77 83
  • Correo electrónico taquilla.vigonature@vigo.org