Información importante sobre as inscricións
-As actividades están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.es con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
Escape room familiar

“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para
un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta
misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran
desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que
foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr.
Lago. O escape room desenvólvese nunha contorna ambientada con material
científico, mapas e pistas agochadas, o que crea unha atmosfera inmersiva,
educativa e moi divertida. Os participantes deberán empregar o enxeño,
traballar en equipo e resolver unha serie de enigmas que combinan lóxica,
observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un
pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se
esgote o tempo.Ademais de ser unha aventura emocionante, Código 17 busca
concienciar sobre a importancia dos ODS, fomentando valores como a
sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta.
Idade recomendada: a partir de 8 anos. Duración: 2 horas.
