Aniversario Wild Kids
Convértete nun verdadeiro WILD KID
no teu aniversario en VigoNature!
Sabías que na natureza agochanse secretos misteriosos, enigmas por resolver e tesouros nunca descubertos? Agora é o momento perfecto para que o teu fillo/a se converta no mellor explorador/a do mundo e celebre o seu aniversario en VigoNature!
Desfruta dunha festa de aniversario única, chea de aventuras e momentos emocionantes. Durante esta celebración, os nenos deberán afrontar unha serie de obstáculos e desafíos que poñerán á proba as súas habilidades, traballo en equipo e capacidade de resolver problemas. A través de cada reto, non só se divertirán, senón que tamén aprenderán de maneira práctica sobre o entorno natural que nos rodea.
Actividades e retos
Inicialmente os pequenos recibirán un pequeno curso de supervivencia e despois deberán superar unha serie de emocionantes retos, como carreiras de obstaculos e tiro con arco, mentres buscan todas as pistas agochadas no recinto de VigoNature para resolver o misterio do parque.
A través destes xogos, os nenos non só se divertiran, senón que tamén aprenderán sobre a importancia do traballo en equipo, o equilibrio e as habilidades motrices. Ademais, cada reto ten un compoñente educativo relacionado co mundo natural, axudando aos nenos a conectar coa natureza dunha forma única. Unha festa na que se o pasarán xenial e aprenderán sen decatarse!




Detalles importantes sobre o aniversario
Idade recomendada
+7 anos
Grupos
Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou titor. Isto permitirá que todos os nenos se sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.
Visita Guiada
Se o desexas, podes adicar parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita inclúese como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración.
Ubicación
A festa pode realizarse tanto no exterior como no interior, segundo as condicións do día ou as preferencias do grupo.
Requisitos
Para que os nenos desfruten ao máximo, recomendamos que leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e moitas gañas de divertirse. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades.
*Recomendase que o pai, nai ou titor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.
Por que elixir a VigoNature para o aniversario do teu fillo?
En VigoNature, non só buscamos que os nenos se divirtan, senón tamén que aprendan mentres desfrutan da natureza. Esta festa de aniversario combina de maneira perfecta a diversión co aprendizaxe, permitindo que os nenos se acheguen ao mundo natural a través do xogo, a aventura e a resolución de retos. Ademais, todos os nosos monitores están formados e teñen experiencia en guiar aos nenos en actividades ao aire libre, garantindo a súa seguridade e benestar en todo momento.
Unha experiencia inolvidable
En VigoNature, sabemos que os aniversarios son momentos especiais e queremos que este sexa un día único para o teu fillo: Celebra o aniversario do teu fillo dunha maneira diferente, nun entorno natural, con actividades emocionantes e educativas.