Os Xogos de Sempre
Un aniversario activo para correr, xogar e compartir como antes
Os Xogos de Sempre é un aniversario baseado nos xogos populares galegos, pensado para crianzas ás que lles gusta moverse, xogar en grupo e participar activamente.
Ao longo da celebración, as crianzas participan en xogos de gran grupo e en estacións de xogo con actividades como a carreira de sacos, o pano, a pita cega, os birlos, os zancos, a mariola ou a petanca, combinando movemento, coordinación e cooperación.
Unha proposta dinámica que recupera o xogo tradicional como forma de diversión compartida.
Xogar como sempre, divertirse como nunca
Os Xogos de Sempre é moito máis ca unha festa: é unha oportunidade para que as crianzas descubran o valor do xogo compartido e das tradicións a través da experiencia directa.
A través dos xogos populares, as crianzas desenvolven habilidades motrices, aprenden a respectar normas, a cooperar co grupo e a comunicarse de forma natural mentres se divirten.
Este aniversario pon en valor o xogo sinxelo, activo e colectivo como ferramenta de aprendizaxe, reforzando vínculos sociais e creando recordos significativos asociados ao movemento e á diversión.
Detalles importantes sobre o aniversario
Idade recomendada
6-7 anos
Grupos
Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou tutor. Isto permitirá que todos os nenos se sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.
Visita Guiada
Se o desexas, podes adicar parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita incluése como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración,
Ubicación
A festa pode celebrarse tanto no exterior como no interior, o que nos permite adaptarnos ás
condicións meteorolóxicas.
Requisitos
É recomendable que os nenos leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e, por
suposto, moitas gañas de xogar e aprender. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades.
*Recomendase que o pai, nai ou tutor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.
Por que celebrar este aniversario en VigoNature!
VigoNature ofrece un entorno natural amplo e seguro, perfecto para recuperar os xogos tradicionais que historicamente se xogaban ao aire libre e en grupo.
Celebrar este aniversario no parque permite poñer en valor o xogo compartido, o movemento libre e a interacción social nun espazo real, afastado de pantallas e contornas pechadas. Ademais, VigoNature convértese nun escenario ideal para transmitir valores como a cooperación, o respecto polas normas e o disfrute do lecer activo en contacto coa natureza.
