Aniversario Festa típica
Celebra un aniversario cheo de tradición e aprendizaxe en VigoNature!
Lembras o ben que o pasabamos cando eramos nenos? Xogabamos con cousas sinxelas, pero disfrutabamos
coma nunca. Os xogos populares e tradicionais son unha parte fundamental da nosa cultura e do noso
patrimonio, e transmitílos aos máis pequenos é un dos mellores agasallos que lles podemos facer. Por iso,
invitámosche a celebrar o aniversario do teu fillo en VigoNature, onde poderán gozar dunha festa única que
combina diversión, aprendizaxe e tradición.
Un aniversario de tradición, cultura e diversión
Nesta celebración, os nenos terán a oportunidade de xogar aos xogos de sempre, eses xogos populares cos que
tantas tardes incribles pasamos cos nosos pais, avós e familia. Xogos de toda a vida como os bolos, a petanca,
os zancos, as carreiras de sacos, o ovo e a culler, e moitos máis! E todo isto cun toque especial, porque
xogaremos AO GRANDE. Aínda que estes xogos son tradicionais, en VigoNature adaptámolos para que sexan
aínda máis divertidos e emocionantes.



O dobre obxectivo desta festa: diversión e divulgación
En VigoNature, entendemos que o aniversario é un día especial para os nenos, pero tamén cremos que é unha
oportunidade única para fomentar o aprendizaxe dunha maneira divertida. Así que esta festa non só se trata de
xogar e celebrar, senón tamén de aprender sobre a importancia das nosas tradicións. Ao combinar diversión
con aprendizaxe, os nenos desfrutarán dunha experiencia completa, que quedará gravada na súa memoria non
só polo ben que o pasaron, senón tamén polo que aprenderon no proceso.

Detalles importantes sobre o aniversario
Idade recomendada
6-7 anos
Grupos
Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou tutor. Isto permitirá que todos os nenos se sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.
Visita Guiada
Se o desexas, podes adicar parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita incluése como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración,
Ubicación
A festa pode celebrarse tanto no exterior como no interior, o que nos permite adaptarnos ás
condicións meteorolóxicas.
Requisitos
É recomendable que os nenos leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e, por
suposto, moitas gañas de xogar e aprender. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades.
*Recomendase que o pai, nai ou tutor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.
Ven a celebrar o teu aniversario en VigoNature!
Un lugar único onde a diversión e o aprendizaxe van da man. Ademais dos xogos e desafíos, haberá moitas
sorpresas adicionais que agardarán aos nenos para facer deste día un recordo inesquecible. Estamos desexando
recibilos e que pasen un aniversario que será recordado para sempre!