Aniversario Feira da Fantasía
Un aniversario de fantasía cheo de sorpresas en VigoNature!
Lembras a emoción das festas tradicionais de Bouzas ou Coia, onde sempre nos encantaba xogar en cada
caseta? En VigoNature imos facer ese soño realidade! Propoñémosche un aniversario único, cheo de xogos, diversión e sorpresas, onde os nenos gozarán de actividades clásicas de feira, como pescar parruliños, tirar ao blanco, as canastras, o porteiro tolo, os aros e conos e moitos máis xogos e desafíos. Unha verdadeira feira de fantasía!
Un aniversario que non só é diversión, senón tamén aprendizaxe
Ademais de ser unha celebración chea de xogos e alegría, este aniversario ofrece unha oportunidade única para
que os nenos aprendan dunha forma divertida e dinámica. O ambiente festivo será perfecto para que os máis
pequenos comprendan a importancia da colaboración, o traballo en equipo e o respecto, todo iso mentres gozan dunha xornada única en VigoNature.




Detalles importantes sobre o aniversario
Idade recomendada
3-5 anos
Grupos
Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou titor. Isto permitirá que todos os nenos se
sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.
Visita guiada
Se o desexas, podes adicar parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita inclúese como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración.
Ubicación
A festa pode realizarse tanto no exterior como no interior, segundo as condicións do día ou as preferencias do grupo.
Requisitos
Para que os nenos desfruten ao máximo, recomendamos que leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e moitas gañas de divertirse. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades.
*Recomendase que o pai, nai ou titor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.
Un aniversario único, onde a fantasía e o aprendizaxe se atopan
En VigoNature gustános facer de cada festa un momento inesquecible, combinando a diversión co aprendizaxe.
A través de xogos tradicionais e actividades emocionantes, os nenos non só desfrutarán dun aniversario cheo
de maxia, senón que tamén aprenderán importantes valores.