Os Segredos da Horta

Un aniversario para explorar, plantar e descubrir os segredos da terra

Os Segredos da Horta é un aniversario de carácter manipulativo e educativo no que as crianzas descubren a horta a través do xogo e da experimentación directa.

Durante a celebración, o grupo participa en estacións de actividades nas que manipulan terra, observan plantas, clasifican froitas e verduras e identifican pequenos animais propios da horta.

A experiencia complétase cunha actividade de plantación individual e cun xogo final cooperativo relacionado cos elementos da horta.

Unha proposta dinámica e adaptada á idade, que combina exploración, participación activa e contacto real coa natureza.

Aprender tocando, experimentar cultivando

Os Segredos da Horta promove unha aprendizaxe baseada na experiencia directa e no xogo como ferramenta principal. A través da manipulación da terra, da observación das plantas e da exploración dos elementos da horta, as crianzas desenvolven habilidades de atención, curiosidade e clasificación sinxela, ao tempo que establecen unha relación positiva coa natureza.

A actividade favorece unha primeira aproximación á educación ambiental, traballando o respecto polo entorno, polos seres vivos e polos materiais naturais. O aniversario fomenta tamén a cooperación, a comunicación entre iguais e a participación activa, creando unha experiencia significativa e adaptada ás necesidades do grupo.

regadío
huerta
equipo

Detalles importantes sobre o aniversario

6-7 anos

Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou tutor. Isto permitirá que todos os nenos se sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.

Se o desexas, podes adicar  parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita incluése como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración, 

A festa pode celebrarse tanto no exterior como no interior, o que nos permite adaptarnos ás
condicións meteorolóxicas.

É recomendable que os nenos leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e, por
suposto, moitas gañas de xogar e aprender. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades.


*Recomendase que o pai, nai ou tutor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.

Por que celebrar este aniversario en VigoNature!

VigoNature conta cunha horta educativa integrada no entorno natural do parque, o que permite achegar ás crianzas a unha experiencia real e directa co cultivo e cos elementos da terra.

Este espazo facilita a manipulación de terra, a observación de plantas e a identificación de pequenos seres vivos nun contexto auténtico, afastado de recreacións artificiais. Celebrar este aniversario en VigoNature favorece unha aprendizaxe baseada na experiencia directa e no contacto coa natureza, convertendo a horta nun lugar de xogo, descubrimento e respecto polo medio.

Reserva agora e asegura un lugar para que os nenos vivan unha experiencia de aniversario chea de emoción, cultura e tradición.