O Bosque dos Sons
Un aniversario para descubrir o bosque a través da escoita e a imaxinación
Os Sons do Bosque é un aniversario sensorial pensado para as primeiras idades, no que a escoita e a atención ao entorno son o eixo principal da experiencia.
Ao longo da celebración, as crianzas participan en propostas como xogos de identificación de sons, creación de pequenas paisaxes sonoras, actividades de imitación e elaboración de elementos con materiais naturais que producen diferentes matices acústicos. A experiencia inclúe tamén un pequeno percorrido polo parque no que o grupo se detén para escoitar e descubrir os sons reais do entorno.
Unha proposta tranquila, participativa e adaptada á idade, que combina xogo, imaxinación e contacto directo coa natureza.
Un aniversario sensorial, tranquilo e cheo de descubrimentos
Os Sons do Bosque favorece o desenvolvemento da escoita activa, da atención e da percepción sensorial a través do xogo compartido e da experimentación directa.
A actividade promove a regulación do comportamento, o respecto polos ritmos do grupo e a conexión co entorno natural dun xeito consciente. A través da exploración sonora e da expresión creativa, as crianzas desenvolven curiosidade, sensibilidade e unha primeira aproximación á educación ambiental baseada na observación e no coidado.
Detalles importantes sobre o aniversario
Idade recomendada
3-5 anos
Grupos
Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou titor. Isto permitirá que todos os nenos se sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.
Visita guiada
Se o desexas, podes adicar parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita inclúese como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración.
Ubicación
A festa pode realizarse tanto no exterior como no interior, segundo as condicións do día ou as preferencias do grupo.
Requisitos
Para que os nenos desfruten ao máximo, recomendamos que leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e moitas gañas de divertirse. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades.
*Recomendase que o pai, nai ou titor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.
Por que celebrar este aniversario en VigoNature?
VigoNature ofrece un entorno natural tranquilo e real no que os sons forman parte do día a día das crianzas. A ausencia de ruídos artificiais e a presenza de elementos naturais como o vento, a auga ou os animais permiten desenvolver propostas baseadas na escoita e na atención ao entorno.
O parque facilita espazos nos que o grupo pode deterese, observar e escoitar con calma, favorecendo unha experiencia adaptada ás primeiras idades e aos seus ritmos. Celebrar este aniversario en VigoNature permite que a natureza sexa parte activa da actividade, reforzando unha relación respectuosa e consciente co entorno desde unha vivencia positiva e significativa.
