Información importante sobre as inscricións

-As actividades están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.es con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

Jumping con arcilla polimérica

Destacado
VigoNature

Todos os sábados de abril, de 11:00 a 13:00 horas, convidámoste a participar en Jumping, unha nova actividade de divulgación ambiental especialmente pensada para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Máximo 15 prazas; Prezo por neno: 20€ os tres sábados. Jumping é moito máis ca unha manualidade: é unha experiencia educativa e sensorial onde os participantes explorarán o […]

20€

O mundo dos reptiles

Destacado

Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.

Plantas silvestres

Destacado

Algunhas plantas medran salvaxes no xardín, plantadas por ninguén, e coñécense como herbas daniñas. Pero, son realmente malas? Identifiquemos algunhas e descubramos a súa importancia antes de tentar desfacernos delas. Idade recomendada: a partir de 4 anos

Horta san, plantas ao rescate

Destacado

Na horta sempre debe haber plantas que colaboren a manter unha horta sana, ben evitando pragas e enfermidades, ben atraendo polinizadores, ben protexendo a terra, etc. Veremos algunhas e onde situalas na horta. Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.

Mírame ao grande

Destacado

Unha actividade de observación onde empregaremos lupas e outros instrumentos de aumento para descubrir detalles da natureza que adoitan pasar desapercibidos. Observaremos macroorganismos presentes en mostras de auga e outros elementos naturais para comprender mellor as súas estruturas e características. Unha experiencia para espertar a curiosidade científica e aprender a observar a natureza máis de […]

Especies exóticas invasoras

Destacado

Esta actividade pretende dar a coñecer o concepto de especie exótica e especie exótica invasora, explicando que son, como son introducidas no territorio, do seu proceso de invasión do territorio e parándonos especialmente en explicar o impacto e os problemas que provocan no medio natural e métodos para combater contra estas e a prevención contra […]

O ceo nocturno

Destacado

Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía. Idade recomendada: a partir de 7 anos.  Duración: 1 hora.