Información importante sobre as inscricións

-As actividades están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.es con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

Obradoiro de pan

Destacado

Un obradoiro tradicional onde aprenderás o proceso de elaboración do pan dende cero ata o produto acabado. Moeremos o gran, mesturaremos os ingredientes e daremos forma á masa para comprender como se facía o pan antigamente. Unha actividade práctica que che introduce na cultura gastronómica e nas tradicións rurais. Máximo 5 familias; cada adulto 6€, […]

Enriquecemento lemures

Destacado

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Escape room familiar

Destacado

“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]

Minerais

Destacado

Actividad de exploración geológica donde conocerás diferentes tipos de minerales, sus características y usos. A través de muestras reales aprenderemos a observar su forma, color, brillo y dureza para diferenciarlos. Descubriremos también como se forman en la naturaleza y la importancia de estos recursos en nuestro día a día. Idade recomendada: a partir de 6 […]

Plantnet

Destacado

Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes. Idade recomendada: a partir de 6 anos.

Planetario

Destacado

Nesta proxección do noso renovado planetario poderás viaxar polo ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano. Idade recomendada: a partir de 7 anos.  Duración: 1 hora.