Destacado

Plantnet

Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes. Idade recomendada: a partir de 6 anos.

Destacado

Escape room familiar

“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]

Destacado

Arborismo

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 16.30h a 18.30h

Destacado

Aves irrecuperables

Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables. Idade recomendada: a partir de 6 anos.  Duración: 1 hora.

Destacado

Enriquecemento lemures

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Destacado

Exoplanetas

Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. Aventúrate con nós no misterio da orixe da vida e a súa busca ao longo do universo e poderás crear o teu propio exoplaneta! Idade recomendada […]