


Arborismo
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h

Aves irrecuperables
Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Plantnet
Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes. Idade recomendada: a partir de 6 anos.

Fenómenos do ceo
Descubre os espectáculos máis sorprendentes do firmamento! Nesta actividade falaremos dos fenómenos celestes máis rechamantes como eclipses, cometas, tránsitos planetarios, chuvias de estrelas ou supernovas. A través de explicacións sinxelas, imaxes e unha manualidade creativa, aprenderemos por que e cando ocorren estes eventos, e como podemos observalos dende a Terra. Idade recomendada: 7 anos. Duración: […]
