Destacado

Camuflaxe animal

Asiste a este obradoiro con animais vivos onde poderás coñecer as diferentes estratexias de clamufaxe que empregan as distintas especies para sobrevivir. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Destacado

Arborismo

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h

Destacado

Aves irrecuperables

Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables. Idade recomendada: a partir de 6 anos.  Duración: 1 hora.

Destacado

Plantnet

Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes. Idade recomendada: a partir de 6 anos.