Destacado

O mundo dos réptiles

Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.

Destacado

Horta san, bichos ao rescate

Moitos dos invertebrados que viven na horta son moi beneficiosos e neste obradoiro coñeceremos algúns dos “bichos” que nos axudan a manter as plantas fortes e sans. Idade recomendada: 4 anos

Horta san, plantas ao rescate

Na horta sempre debe haber plantas que colaboren a manter unha horta sana, ben evitando pragas e enfermidades, ben atraendo polinizadores, ben protexendo a terra, etc. Veremos algunhas e onde situalas na horta. Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.